FEBREIRO 2018


     Estes días están vivindo no noso cole dous invitados moi especiais. Son o bombeiro ecoloxista de Manchester Martin Hutchinson e o seu can Starski. 
   Non chegaron en coche nin en avión, senón no seu vehículo especial co que se dedican a percorrer o mundo concienciando da importancia de coidar o medio ambiente.



    Vivimos con eles uns días certamente intensos nos que aprendimos cousas moi interesantes sobre a súa persoa. Leva dedicado a isto dende o 2006 así que ten moitas anécdotas que contar. Pero, sobre todo, falounos (en inglés) do perxudiciais que son os plásticos para os nosos mares.



 Foi un auténtico privilexio telos connosco.
Grazas, profe Ainhoa.

"Os Bigotinis" estiveron investigando sobre as vidas de Emmanuel Jal e Sadako Sasaki e os problemas que tiveron que afrontar. 
   Non queremos que outros nenos ou nenas vivan o que eles viviron. Queremos a PAZ.




Como estamos a piques de iniciar o mes de marzo, agora van centrar a súa investigación sobre mulleres que traballaron pola paz.

 De novo a ONG Global Humanitaria solicita a nosa colaboración para apoiar os seus proxectos de desenvolvemento en India e Guatemala.
   Levamos xa varias campañas de recollida de calzado e roupa, pero non os imos defraudar, verdade?


Podedes ver que as nenas e os nenos de 5º e 6º están moi contentos de ter participado no 34 Concurso Escolar ONCE.
Mirade que alegres pousan cos agasallos que recibiron este ano.



Visitounos Anxo Moure e, coma sempre, recibímolo con moita ledicia, porque fainos pasar ratos moi divertidos.
Falounos da importancia das árbores, aprendeunos a reciclar papel e ata a "reciclar" as malas noticias!


Este curso imos recollendo imaxes dalgunhas das cousas que facemos no noso Proxecto Somos quen para que ocupen un lugar ben visible nesa entrada renovada e tan fermosa  que temos agora no cole.
Así podemos ir vendo canto traballamos!



Continuamos con todo o traballo do Proxecto TEI, de titoría entre iguais, co que tanto estamos aprendendo. Coñecémonos, axudámonos, divertímonos...
Fai uns días diseñamos os nosos escudos.