DECEMBRO 2018


Este curso o noso Festival de Inverno foi moi especial. Durante todo o trimestre realizamos un PDI sobre os animais en perigo de extinción.
Sempre pensando na NATUREZA!
Nós (o alumnado) organizamos todo. E cada clase preparou a súa actuación.
Aquí as deixamos. Esperamos que vos gusten.



Nós pensamos nos de lonxe, pero tamén naqueles que están perto de nós. Por iso nestas datas quixemos agasallar @s máis pequen@s. 
Fíxolles moita ilusión!
(E a nós (5º/6º), tamén)

Coma sempre, a nosa cadeira vermella non deixa pasar ocasión para lembrarnos o importante que é a EDUCACIÓN.
E que mellor momento que o Nadal para lembrar que non estamos sos no mundo, que hai nenas e nenos que non teñen boas condicións de vida e é responsabilidade de todos cambialas!

Como conseguimos unha ambientación navideña tan espectacular?
Claro! Como sempre: colaborando, traballando en equipo, participando tod@s (nenos, nenas, familias e prof@s).
Quedou chulo, verdade?

Canto nos gustou o agasallo de participación que a ONCE nos enviou!
Xa podemos ir rompendo a cabeza!

Nós somos solidari@s; pero de verdade, de verdade. Pensamos na xente, nos animais, no planeta enteiro...
E nos libros!
Como imos deixar sos aos nosos queridos libros no Nadal!

Como se aprende? Co exemplo. Ou non?
As nosas familias pensan que si; e son as primeiras en aprendermonos a colaborar voluntariamente de forma desinteresada.




NOVEMBRO 2018


Este mes de novembro correspondeunos a Yago e mais a Icía facer as entradas que ledes.
Vedes o ben que traballamos? 

A finais de mes celebramos un acto contra a violencia de xénero.
NON
NIN UNHA MÁIS
Micabigotes, a gata bibliotecaria, preparounos este mes unha selección de boas lecturas.
Tratan temas de inclusión.

Ese día apareceu a nosa Cadeira Vermella; esa que nos axuda a lembrar o importante que é respectar o dereito á educación.
Desta vez, amosounos que, moitas veces, as nenas non son (non somos) nomeadas.
Nós tamén temos dereito a participar.
Para celebrar o Día dos Dereitos da Infancia participamos nunha actividade que era Participamos en igualdade.
Queremos que todas as nenas e nenos do mundo poidan participar.

Acaban de chegar por correo os diplomas dos Pasaportes Solidarios do curso pasado.
Estamos desexando telos!
Levamos a nosa primeira entrega de tapóns solidarios ao punto intermedio de recollida. Conseguimos tantos que un saco de area acabou cheo.

@s nosos voluntarios@s da biblioteca xa empezaron a traballar.

OUTUBRO 2018


Esperamos formar parte dos 6 centros participantes no Plan Proxecta Móvete, de voluntariado miúdo.
Nós fixemos a inscrición; agora toca esperar a ver se nos admiten ou non.
Non deberían rexeitar a nosa solicitude despois de premiarnos este ano, non credes?

Sabedes que estamos moi preocupados polo medio ambiente, si? Pois é verdade. Queremos saber todo sobre os animais e os problemas que teñen na actualidade.
Queremos descubrir que podemos facer nós por eles.
Aquí nos tedes buscando libros de animais na biblioteca.

Neste momento temos un dos nosos clásicos: a campaña de S.O.S. África. Fai moi pouco tempo que fixemos unha recollida de calzado e roupa.
Non importa! Sempre atopamos un pouco máis para aportar!

Un ano máis, temos solicitado o Plan Director para  o noso centro. É moi importante coñecer as normas de seguridade que debemos ter en conta para movernos polo mundo virtual, aprender a detectar o acoso escolar, ter unha información correcta sobre o perigo das drogas e o alcol, educarnos no rexeitamento absoluto da violencia de xénero...
A educación é o único motor que pode cambiar o mundo!

No CEIP. Plurilingüe Os Casais, todos, todas, somos solidari@s; non só as nenas e os nenos.
Por iso as profes veñen ás clases a compartir con nós fermosísimas historias que nos encantan.

A clase de 5º e 6º está xa inscrita no 35 Escolar ONCE.
Este curso traballaremos sobre os patios inclusivos.

A prensa segue a facerse eco da concesión do Premio Proxecta de Innovación Educativa a este proxecto noso Somos quen.
Estamos moi orgullos@s por ser protagonistas de boas noticias.

Por segundo ano participaremos no Programa TEI, de titoría entre iguais. Este programa está implantado en 80 centros de Galicia. Funciona como unha ferramenta moi positiva para previr o acoso escolar. 
Son os propios alumnos e alumnas os que se responsabilizan da convivencia no centro, actuando como mediadores  e solucionando os conflictos de baixa intensidade.

Presentamos ao equipo que participará este curso no Conectandomundos.

Micabigotes, a nosa gata bibliotecaria está moi contenta. Cando lles propuxo ás nenas e aos nenos de 5º e 6º se querían colaborar con ela nos recreos, tod@s aceptaron.


Pensamos tanto no medio ambiente que as propostas para o PDI de todas as clases ían sobre o mundo natural.
Despois de expoñer en asemblea as nosas razóns para suxerir cada un dos temas, o escollido pola maioría (en votación democrática) foi:
Animais en perigo de extinción.


Como vedes, temos xa preparados os Pasaportes Solidarios para este curso. Todos teñen a súa etiqueta. Están listos para ser repartidos.
Toca empezar a enchelos co rexistro de actividades!


Os primeiros en chegar sempre son os da Campaña Mariola, que recollen roupa e calzado usados para financiar causas de interés social.



Igual que sempre, empezamos con ilusión e gañas de cambiar o mundo. Por iso montamos esta preciosa Árbore dos desexos, coa esperanza de que a tod@s nos vaia ben; no cole e fóra, a nós e ao resto, aos de preto e aos de lonxe.
A tod@s.


Comezamos o curso cunha gran alegría.
O noso proxecto solidario recibiu un premio!
Grazas, nenas e nenos de Os Casais, por tanto como levades traballado durante todos estes anos na procura dun mundo mellor para tod@s!
Parabens!

XUÑO 2018



Sobran as palabras. Como non van merecer un premio!



Non ten que ser nada fácil perder os recreos (fútbol incluido) e dedicar ese tempo en beneficio do ben común. Pero aí estiveron.
Son uns campións. Son unhas campionas.



E non só traballaron na biblioteca, senón que, durante todo o curso, dedicaron un día de cada semana a lerlles contos aos nenos e nenas máis pequenos, en lugar de empregar a hora de ler con historias que, de seguro, lles interesarían máis a el@s mesm@s.


Queredes ver todo canto argallaron @s nos@s inventor@s  na procura do coidado do medio ambiente no obradoiro de creatividade ?

MAIO 2018


   Como pensamos que é importantísimo coidar a Natureza, plantamos as nosas plantas e imos coidalas con esmero e cariño.



 Tamén invitamos á cadela Malibú para que nos amosara como ser máis responsables, máis solidarios e a ter unha maior sensibilidade e respecto cara aos animais, empezando polas nosas mascotas.

     

E, se alguén hai que nos gañe a tod@s en persar nos demáis, en axudar, en regalar o seu traballo e o seu tempo de maneira desinteresada, esas son as artistas da ANPA Río de Vaa.


Con mamás así, como non imos ser solidari@s?


Xa están rematados os nosos Pasaportes Solidarios deste curso. Queda envialos.





ABRIL 2018


Si. Queremos ser a semente dun mundo mellor. Queremos ser aquel@s que consigan que os ODS sexan unha realidade no 2030.

Preparamos un video de apoio á SAME e deixamos a nosa pegada.


22 DE ABRIL - DÍA DA TERRA


No salón de actos visitamos a exposición sobre a Antártida. Alí temos non só datos de interese sobre este territorio, senón tamén fotografías dos pingüíns que temos apadriñados.

Coidemos o medio ambiente!

Recibimos a Maleta da Igualdade que tiñamos solicitada ao CFR de Ferrol. Haberá, durante tres semanas, unha exposición na biblioteca para poder traballar cos estupendos libros  que contén.

Estamos preparando a Campaña Mundial pola Educación 2018.
Aquí tedes os nosos carteis.


O mércores 11 algúns de nós tivemos a oportunidade de ter na nosas mans a preciosa pelota da Escola de Ombre (Pontedeume), porque visitou a biblioteca.
É esta unha pelota moi especial, unha pelota que roda de cole en cole na defensa da diversidade en igualdade.



 A escola de Ombre é pequena, pero con iniciativas grandes.
Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo.
#rollingdiversityinequality
#rodandodiversidadenlaigualdad
#internationalwomensday
#ombre#pontedeume#galicia#españa#spain
Instagram:cuentos_3rs

Aquí está o video do RAP que fixeron en 4º para o Conectandomundos.